domingo, 15 de marzo de 2020

EF na casa #QuedaNaCasa

Volvemos a darlle uso ao blog despois dun tempo parado debido ao avance do virus covid-19 en Galicia, e que provocou que o 12 de Marzo a Xunta de Galicia decidira que os colexios estarían pechados, en principio, ata o 27 de Marzo. Esta medida está acompañada coa obriga de permanecer nas nosas casas durante este período (#QuedaNaCasa)
Por este motivo queremos que a través da E.F. poidamos seguir traballando, na medida do posible, os contidos que estabamos realizando en clase; ademais, achegamos distintos recursos cos que estar activos/as e pasar o tempo que deberemos estar na casa.
Establecede un horario no que dedicarlle tempo a estas tarefas, podedes ter como referencia as horas ás que tiñades E.F., pero tamén recomendamos a realización de actividade física diaria, ben sexa as recomendadas nesta presentación ou outras.

Nesta presentación están os recursos planificados para 1º - 2º - 3º e 4º de E.P. polos mestres/as de E.F. Carlos, Noemí e Diego.



 Ánimo, pronto voltaremos a vernos!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...