domingo, 3 de decembro de 2017

Os nenos/as de terceiro bailan

Os nenos/as de 3ºA de E.P. bailan e cantan xuntos nestas dúas actividades que desenvolvemos durante este período nas clases de E.F.
A continuación presentamos os  vídeos de ambas.

luns, 27 de novembro de 2017

Pinchacarneiros

Vía Pixabay
Licenza CC0 DP
Durante estas semanas as clases de 3ºA e 4º de E.P. practicarán os pinchacarneiros cara adiante e cara atrás. A continuación presentaremos como se fan estas habilidades de xiro e algúns dos erros máis comúns que debemos evitar.

mércores, 22 de novembro de 2017

Cabeza abaixo

Vía Pixabay
Licenza CC0 DP

Os nenos/as de 4º de E.P. están practicando o equilibrio invertido de tres apoios ou equilibrio de cabeza, neste artigo presentamos este xesto técnico, como se fará a axuda e as normas de seguridade básicas.


martes, 21 de novembro de 2017

Xogamos coas mans e os pés

Vía Pixabay
Licenza CC0 DP
Os nenos/as de 3ºA están practicando varias coreografías nas que teñen que coordinarse cos seus compañeiros/as e facelo ao ritmo dunha música.

xoves, 9 de novembro de 2017

Xogando no Magosto

Vía Pixabay Licenza CC0 DP
Mañá despois do recreo a partir das 12 (se o tempo o permite) celebraremos o Magosto no centro comendo castañas e xogando a algún xogo popular de Galicia. Estarán distribuídos en diferentes recunchos aos que poderedes acceder na orde que vós queirades. Lembrade participar en todos os xogos e respectar as normas en cada unha das zonas.

luns, 23 de outubro de 2017

Avaliación 1º Trimestre

Estes serán os estándares avaliados durante o 1º trimestre deste curso para os diferentes grupos de 1º  - 2º - 3ºA - 4º de E.P. Estas táboas estarán dispoñibles permanentemente na columna da esquerda.

domingo, 8 de outubro de 2017

Quentando motores

Antes de comezar a realizar actividade física é necesario comezar cun quecemento, que consiste en desenvolver unha serie de exercicios que preparen para o seu funcionamento aos músculos, articulacións e poña en marcha outras funcións.

Os beneficios de realizar o quecemento son numerosos a nivel muscular, respiratorio, circulatorio, psicolóxico e no sistema nervioso, ademais de previr lesións. Podemos ver algúns destes beneficios nas infografías que facilitan o mestre de educación física @jpmirlopez e desde a web de Mundo Entrenamiento.

martes, 26 de setembro de 2017

Como un reloxo!

O corazón é o motor que permite desenvolver as funcións vitais e tamén actividades físicas como correr, saltar, nadar... O ritmo cardíaco en repouso de persoas adultas sas soe estar entre 60 e 80 pulsacións por minuto (ppm), pero en nenos/as da vosa idade o normal pode ser entre 90 e 100 ppm.

luns, 25 de setembro de 2017

Doces caseiros

Na clase falando sobre hábitos saudables de alimentación e comentando o cartel que nos deixou Aitor Sánchez vimos algunha diferencia entre as galletas e biscoitos caseiros cos feitos de xeito industrial. Algúns de vós comentastes que faciades estes doces cos vosos familiares na casa, por iso queremos ofrecervos a posibilidade de compartir estas receitas saudables cos demais nenos/as do centro.

domingo, 17 de setembro de 2017

Que comemos?

By @midietacojea
Licenza CC BY-NC-ND

Estas semanas aprenderemos hábitos saudables relacionados coa educación física. Queremos presentarvos distintos recursos cos que podedes ampliar e profundar na temática. Esta primeira infografía realizada por Aitor Sánchez no seu blogue Mi dieta cojea ofrécenos unha serie de recomendacións para elaborar as merendas matinais que levan os nenos/as ao colexio.

sábado, 16 de setembro de 2017

Coñecemos o judo

Licenza CC0 DP vía Pixabay
A próxima semana visitaranos Rafael para ensinarlle aos máis pequenos de Educación Primaria a través de xogos en que consiste o deporte do judo.
O luns, martes e mércores os nenos/as de 1º, 2º e 3º participarán desta xornada de iniciación durante as sesións de educación física na sala de usos múltiples.
Esperamos que os nenos/as aprendan os valores deste deporte.

luns, 11 de setembro de 2017

Normas de clase

A través desta imaxe teredes acceso ás normas básicas nas clases de Educación Física durante este curso.

sábado, 9 de setembro de 2017

Xogos e soños será...

Benvidos a este novo espazo adicado a falar sobre temas relacionados coa Educación Física e coas actividades que se desenvolven no CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña). Utilizaremos este blogue para reforzar e achegar recursos tanto ao alumnado como as familias relacionados cos contidos que se vaian desenvolvendo durante o curso. Tamén queremos que sexa un espazo aberto para a comunicación e o diálogo coa comunidade educativa. Ao longo destes meses iremos dándolle forma e adaptando tanto a imaxe como os distintos apartados ás vosas e ás nosas necesidades. "Xogos e soños" medrará en función das vosas inquedanzas e participación, por iso será o que vós queirades.

Estades preparados para os xogos e os soños?
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...