martes, 26 de setembro de 2017
luns, 25 de setembro de 2017
Doces caseiros
Na clase falando sobre hábitos saudables de alimentación e comentando o cartel que nos deixou Aitor Sánchez vimos algunha diferencia entre as galletas e biscoitos caseiros cos feitos de xeito industrial. Algúns de vós comentastes que faciades estes doces cos vosos familiares na casa, por iso queremos ofrecervos a posibilidade de compartir estas receitas saudables cos demais nenos/as do centro.
domingo, 17 de setembro de 2017
Que comemos?
By @midietacojea Licenza CC BY-NC-ND |
Estas semanas aprenderemos hábitos saudables relacionados coa educación física. Queremos presentarvos distintos recursos cos que podedes ampliar e profundar na temática. Esta primeira infografía realizada por Aitor Sánchez no seu blogue Mi dieta cojea ofrécenos unha serie de recomendacións para elaborar as merendas matinais que levan os nenos/as ao colexio.
sábado, 16 de setembro de 2017
Coñecemos o judo
Licenza CC0 DP vía Pixabay |
A próxima semana visitaranos Rafael para ensinarlle aos máis pequenos de Educación Primaria a través de xogos en que consiste o deporte do judo.
O luns, martes e mércores os nenos/as de 1º, 2º e 3º participarán desta xornada de iniciación durante as sesións de educación física na sala de usos múltiples.
Esperamos que os nenos/as aprendan os valores deste deporte.
luns, 11 de setembro de 2017
Normas de clase
A través desta imaxe teredes acceso ás normas básicas nas clases de Educación Física durante este curso.
sábado, 9 de setembro de 2017
Xogos e soños será...
Benvidos a este novo espazo adicado a falar sobre temas relacionados coa Educación Física e coas actividades que se desenvolven no CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña). Utilizaremos este blogue para reforzar e achegar recursos tanto ao alumnado como as familias relacionados cos contidos que se vaian desenvolvendo durante o curso. Tamén queremos que sexa un espazo aberto para a comunicación e o diálogo coa comunidade educativa. Ao longo destes meses iremos dándolle forma e adaptando tanto a imaxe como os distintos apartados ás vosas e ás nosas necesidades. "Xogos e soños" medrará en función das vosas inquedanzas e participación, por iso será o que vós queirades.
Estades preparados para os xogos e os soños?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)