martes, 26 de setembro de 2017

Como un reloxo!

O corazón é o motor que permite desenvolver as funcións vitais e tamén actividades físicas como correr, saltar, nadar... O ritmo cardíaco en repouso de persoas adultas sas soe estar entre 60 e 80 pulsacións por minuto (ppm), pero en nenos/as da vosa idade o normal pode ser entre 90 e 100 ppm.
Algunhas das características cando realizamos exercicio físico son:
  • Os latidos do corazón son máis rápidos.
  • A respiración é máis intensa e rápida.
  • A temperatura do corpo aumenta e comezamos a suar.
Cando necesitamos saber o nivel de esforzo que estamos a desenvolver un bo xeito de facelo é medindo a frecuencia cardíaca para o cal aprendemos varios lugares onde facelo, sempre cos dedos índice e anular, nestes vídeos de WikiHow comprobaredes como facelo:
  • No pescozo detrás da noz.


  • No pulso.

  • No peito.




Lembrade que non fai falta medir durante 1 minuto, podemos facelo durante 6 ou 10 segundos e multiplicando o resultado por 10 ou por 6. Por exemplo:
Se despois de correr mido as pulsacións durante 6 segundos e noto 10, terei que multiplicar: 10 (resultado) X10= 100 pulsacións por minuto.
Se despois de xogar ao baloncesto mido as pulsacións durante 10 segundos e noto 16, terei que multiplicar: 16 (resultado)  X6= 96 ppm.
Picando na imaxe poderedes acceder a un recurso en liña no que xogar aprendendo sobre o corazón.



Sabedes xa medir o ritmo cardíaco?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe o teu comentario e axúdanos a mellorar. Lembra consultar as instrucións para comentar...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...