domingo, 8 de outubro de 2017

Quentando motores

Antes de comezar a realizar actividade física é necesario comezar cun quecemento, que consiste en desenvolver unha serie de exercicios que preparen para o seu funcionamento aos músculos, articulacións e poña en marcha outras funcións.

Os beneficios de realizar o quecemento son numerosos a nivel muscular, respiratorio, circulatorio, psicolóxico e no sistema nervioso, ademais de previr lesións. Podemos ver algúns destes beneficios nas infografías que facilitan o mestre de educación física @jpmirlopez e desde a web de Mundo Entrenamiento.

No vídeo realizado por Ullsportiu explican o que é un quecemento e as súas partes.



A continuación podedes acceder a diferentes recursos sobre os estiramentos para preparar aos músculos para a actividade física posterior, realizados por Sports Science, polo mestre Juan del Valle e no seguinte enlace á web Estiramientos podedes consultar distintos exercicios para os vosos músculos distribuídos por zonas musculares, músculos e deportes.


Animámosvos a compartir algún recurso ou imaxe relacionada co quecemento a través dos comentarios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe o teu comentario e axúdanos a mellorar. Lembra consultar as instrucións para comentar...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...