domingo, 17 de setembro de 2017

Que comemos?

By @midietacojea
Licenza CC BY-NC-ND

Estas semanas aprenderemos hábitos saudables relacionados coa educación física. Queremos presentarvos distintos recursos cos que podedes ampliar e profundar na temática. Esta primeira infografía realizada por Aitor Sánchez no seu blogue Mi dieta cojea ofrécenos unha serie de recomendacións para elaborar as merendas matinais que levan os nenos/as ao colexio.
Propoñemos estas dúas pirámides de alimentación : a máis difundida na nosa sociedade como é a Pirámide NAOS (AECOSAN)  e a Pirámide australiana que prioriza
as legumes, as verduras e froitas na base, e polo tanto como de maior consumo.
A iniciativa de Mercabarna e a Generalitat de Catalunya "5 al día" propón un maior consumo de froitas e verduras na infancia como hábito saudable.

Por último ofrecemos unha serie de enlaces a xogos cos que practicar o aprendido sobre a alimentación saudable.





Esperamos que estes recursos vos resulten de utilidade para poder ter unha alimentación que nos permita estar sans.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe o teu comentario e axúdanos a mellorar. Lembra consultar as instrucións para comentar...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...