![]() |
Vía Pixabay Licenza CC0 DP |
Mañá despois do recreo a partir das 12 (se o tempo o permite) celebraremos o Magosto no centro comendo castañas e xogando a algún xogo popular de Galicia. Estarán distribuídos en diferentes recunchos aos que poderedes acceder na orde que vós queirades. Lembrade participar en todos os xogos e respectar as normas en cada unha das zonas.
No patio cuberto estará a Mariola e a Carreira de culler.
Na moreira xogaremos á Pita cega.
Na pista de fútbol divertirémonos cos Birlos, Arríncate nabo e co xogo das Catro esquinas.
Deixámosvos nesta presentación as normas dos xogos que se desenvolverán nesta xornada.
Estes son só uns exemplos de xogos populares, ocórresevos algún máis?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe o teu comentario e axúdanos a mellorar. Lembra consultar as instrucións para comentar...