![]() |
Vía Pixabay Licenza CC0 DP |
Os nenos/as de 4º de E.P. están practicando o equilibrio invertido de tres apoios ou equilibrio de cabeza, neste artigo presentamos este xesto técnico, como se fará a axuda e as normas de seguridade básicas.
Neste tema estamos traballando o equilibrio estático, que é aquela habilidade que nos permite manternos nunha posición estable na que non existe o movemento. Unha das tarefas que estamos a desenvolver é o equilibrio invertido de tres apoios ou de cabeza. Para poder realizalo con seguridade seguiremos os seguintes pasos.
1. Posición inicial: partiremos desde unha posición de pé coas pernas flexionadas e os brazos estendidos cara adiante.
2. Fase de colocación dos apoios: báixase o corpo e colócanse as mans nos chan paralelas e a altura dos ombreiros. Posteriormente a parte frontal da cabeza (parte superior da fronte) apoiase no chan, de xeito que xunto cos apoios das mans forme un triángulo equilátero, o que fai que o peso do corpo distribúase equilibradamente entre os tres apoios.
3. Equilibrio invertido: tras colocar os apoios subiranse as pernas ata a vertical impulsando o suficiente para elevar a cadeira e non pasarse da vertical (caída cara atrás). É importante neste paso o control dos músculos da cintura abdominal e os glúteos para poder manter o equilibrio.
4. Axuda: os compañeiros/as que axuden deberán colocarse ao lado do neno/a que está practicando o equilibrio. Cando suba deberán axudar coa man na cadeira do neno/a que se equilibra e a continuación controlar as pernas e aliñalas na vertical.
5. Erros:
- Non apoiar mans e cabeza describindo un triángulo equilátero.
- Apoiar a cabeza noutra zona que non sexa a frontal.
- Pasarse ou quedarse curto no impulso.
- Mover as mans cando se está en posición invertida.
- Non ter control dos músculos.
- A axuda tenta subir as pernas ou situarse diante ou detrás do compañeiro/a que se equilibra.
Pareceuvos difícil acadar este equilibrio?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe o teu comentario e axúdanos a mellorar. Lembra consultar as instrucións para comentar...