luns, 19 de marzo de 2018

Rugby na escola


A pasada semana visitounos Tania, integrante do equipo feminino do CRAT, para facer un achegamento ao deporte do rugby entre os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. Nas distintas sesións o alumnado practicou xogos adaptados para coñecer algunhas das técnicas e dinámicas do xogo.

Desde as sesións de E.F. tratamos que dominen fundamentos e destrezas tácticas que se poidan aplicar a un amplo número de deportes, procurando, segundo Bunker e Thorpe, que "O ensino do deporte debe favorecer a formación de espectadores "cultos" e xogadores intelixentes".
Se vos interesa ter máis información sobre o rugby podedes picar nestes enlaces:

Os nenos/as de 4º de E.P. puideron comprobar os conceptos de ataque e defensa dentro da unidade "Xogamos en equipo", na que pretendiamos desenvolver o demarque, ocupando de xeito racional o espazo, procurando unha liña de pase que facilite ao equipo avanzar mediante a cooperación e comunicación verbal e non verbal cos compañeiros/as. Na fase de defensa incidimos na marcaxe, en controlar aos xogadores/as do equipo contrario, tratando de evitar que acaden o obxectivo marcado no xogo (marcar gol, meter canastra, anotar puntos...).

Neste vídeo publicitario dunha marca deportiva podemos comprobar a diversión dos deportes de equipo, en concreto no rugby.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe o teu comentario e axúdanos a mellorar. Lembra consultar as instrucións para comentar...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...