domingo, 8 de abril de 2018

Os xogos dos nosos avós/as

O alumnado de 4º E.P. durante estas semanas practicará e investigará sobre xogos e bailes populares de Galicia. A primeira tarefa será falar cos vosos avós, avoas, pais, nais ou calquera outro familiar que vos explique a que xogaban cando tiñan a vosa idade e completar os diferentes apartados desta folla coa información que vos proporcionen.
Estes xogos explicarédelos aos vosos compañeiros/as e os practicaremos en clase, posteriormente recompilaremos todos os xogos e os deixaremos na biblioteca escolar do centro para que os poidades consultar tanto vós como o resto de alumnos/as, mestres/as e familias.
Os xogos populares e tradicionais son aqueles que se siguen mantendo desde hai moitísimo tempo, que se van transmitindo de xeración en xeración, sufrindo ás veces algún cambio, mais sempre mantendo a súa esencia, ademais de ser practicados por un gran número de persoas.
Lembrade que se queredes aprender máis sobre os xogos populares podedes acudir á sección 79 da biblioteca na que atoparedes libros relacionados co tema. Tamén neste documento elaborado polo CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela) tedes unha moi boa relación de xogos tradicionais de Galicia, ao que accederedes picando na imaxe.
Conservemos as nosas tradicións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Escribe o teu comentario e axúdanos a mellorar. Lembra consultar as instrucións para comentar...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...