![]() |
Photo by TK Hammonds on Unsplash
|
Empezamos a nosa historia cunha misión na que temos que prepararnos para os duros retos que nos agardan. Coidar, coñecer e preparar o noso corpo será fundamental para desenvolver os superpoderes de cada un de vós.
Como sabedes os Incribles deben estar en forma e levar unha alimentación saudable, senón pasaravos o que lle pasaba a Mister Incrible, que tiña sobrepeso e tivo que adestrar moi duro para recuperarse de hábitos sedentarios e de mala alimentación. Noutra nova explicábanse os criterios que seguiamos para levar unha alimentación saudable, ademais de ofrecer recomendacións para unha merenda saudable, recomendámosvos que a visitedes para ter toda a información e cumprimentar a misión con éxito.

Os superpoderes están relacionados co noso corpo, por iso temos que coñecelo e saber as súas partes para poder controlalo e non provocar ningún accidente na cidade. Tamén aprenderemos a prepararnos para os adestramentos facendo e compartindo algúns exercicios para quecer o noso corpo e evitar que estea tan frío coma un "raio" lanzado por Frozone.
Para estar sans tamén é importante seguir unha rutina de aseo, por iso despois dos adestramentos asearémonos con auga e xabrón.
Estas serán as cartas que conseguiredes ao rematar esta primeira misión e que certificarán o voso nivel de adestramento co poder da carta.
Enroládevos no Equipo Incrible!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Escribe o teu comentario e axúdanos a mellorar. Lembra consultar as instrucións para comentar...