Os nenos/as de 3ºA de E.P. bailan e cantan xuntos nestas dúas actividades que desenvolvemos durante este período nas clases de E.F.
A continuación presentamos os vídeos de ambas.
![]() |
| Vía Pixabay Licenza CC0 DP |

Na clase falando sobre hábitos saudables de alimentación e comentando o cartel que nos deixou Aitor Sánchez vimos algunha diferencia entre as galletas e biscoitos caseiros cos feitos de xeito industrial. Algúns de vós comentastes que faciades estes doces cos vosos familiares na casa, por iso queremos ofrecervos a posibilidade de compartir estas receitas saudables cos demais nenos/as do centro.![]() |
| By @midietacojea Licenza CC BY-NC-ND |
![]() |
| Licenza CC0 DP vía Pixabay |
Benvidos a este novo espazo adicado a falar sobre temas relacionados coa Educación Física e coas actividades que se desenvolven no CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña). Utilizaremos este blogue para reforzar e achegar recursos tanto ao alumnado como as familias relacionados cos contidos que se vaian desenvolvendo durante o curso. Tamén queremos que sexa un espazo aberto para a comunicación e o diálogo coa comunidade educativa. Ao longo destes meses iremos dándolle forma e adaptando tanto a imaxe como os distintos apartados ás vosas e ás nosas necesidades. "Xogos e soños" medrará en función das vosas inquedanzas e participación, por iso será o que vós queirades.